Museo Aberto de Carnota
20 de outubro de 2019
Museo Aberto de Carnota
Compartir:

Prousos Magos

Enderezo:

Rieiro, San Mamede - Carnota (A Coruña).

Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Rieiro
Altitude:  260 - 261 m 
Descrición do entorno: Monte Baixo de toxos 
Accesibilidade: Doada

Acceso:

Situados na Laxe Escrita, continuamos ascendendo pola pista na que nos atopamos. Chegados ao cruce coa Senda Verde, collemos a nosa esquerda. Camiñamos ao longo de 5,3 km. ata un novo cruce onde nos desviaremos á nosa esquerda. A uns 400 metros atópase o noso destino, a estación de Prousos Magos.  

Os petróglifos de Prousos Magos están distribuídos en dúas estacións, que pese á proximidade, teñen unhas características moi distintas de emprazamento e composición de gravuras.


Descrición:

A laxe de Prousos Magos, unha laxa de 10 x 4 metros, está situada a ras do chan cunha inclinación similar á da ladeira. Presenta uns gravados con variedade de motivos que van dende unha ducia de paletas, cruciformes, combinacións circulares, trazos serpentiformes, ou coviñas, ata outros motivos difíciles de concretar. Diferente é tamén a profundidade e o ancho do trazo no suco dos gravados. Entre tanta variedade, atópanse tamén algúns gravados, coma as letras, que son de época recente. O mesmo sucedería con algúns dos orixinais que se atopan retocados na actualidade, de aí os trazados do suco.

Por riba desta laxe atópase o segundo grupo, moi visible e localizado en tres puntos diferentes. Son fundamentalmente agrupacións de coviñas de diversos tamaños, salvo na pequena cova que forman as rochas, onde atopamos combinacións circulares.



Bibliografía: CERNADAS SANDE, J; “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña) 2008. TOMO V - CATÁLOGO  PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL - CONCELLO DE CARNOTA  DOCUMENTO PREVIO A LA APROBACIÓN INICIAL EQUIPO REDACTOR: SCQ TAU territorio, arquitectura y urbanismo SLP ABRIL 2013. 


Praza de San Gregorio, 19 15.293 Carnota - A Coruña (España). Tfno: 981 85 70 32. Fax 981 85 72 51.

Concello de Carnota
Deputación provincial da Coruña