Museo Aberto de Carnota
28 de marzo de 2024
Museo Aberto de Carnota
Compartir:

O Afilladuiro/O Filladuiro

Enderezo:

Mallou, Santa Columba de Carnota - Carnota (A Coruña).

Tipoloxía: Petróglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce
Motivos representados: cadrados y círculos concéntricos, ideoliforme, cruces, cazoletas e radios.
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Mallou
Altitude: 220 m
Descrición do entorno: Monte Baixo e toxos
Accesibilidade: Dificultade media


Descrición


Atopase situado nunha das marxes da Senda Verde, localizado en diferentes partes dun outeiro rochoso de grandes dimensións e boa visibilidade.  
O primeiro grupo que podemos diferenciar, localizase sobre unha laxe plana de complicado acceso debido ao desnivel e irregularidades do terreo (situada a uns 30 metros da pista e a 15 das primeiras pedras do outeiro, a modo de altar de 3x2´5 m, sobresaíndo case dous metros sobre o terreo na parte de abaixo, e a nivel na parte superior). Obsérvase unha serie de rebaixes cadrados (contabilizamos ata 15 de diferentes proporcións), o estilo Carnota, rodeados nalgúns casos con liñas perimetrais que nalgúns casos chegan a formar un reticulado irregular. Tratase dunha representación de considerables dimensións, 1,55 x 0,70 m. Na mesma laxe atopase unha representación idoliforme de 45 x 28 cm.


Na zona superior do outeiro apréciase outra agrupación de tipoloxía moi diferente a anterior. Neste caso obsérvase unha combinación de ata seis círculos concéntricos cunha coviña central dende a que parecen saír regos rectilíneos que cortan os círculos como radios. Acompañando a este motivo central temos varios rebaixes e coviñas. Nas proximidades pódense ver máis combinacións circulares de menor complexidade.

Modelos 3D




Como chegar


Para acceder os petróglifos hai que ascender pola ladeira. A distancia ao Filladuiro dende Mallou é de 1.800 m, dende Carnota 3.900 m, dende Lira 5.100 m e dende Louredo 8.600 m.

Mapa


Bibliografía


- CERNADAS SANDE, J. (2008): Gravados rupestres nos montes de Carnota. TresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña).
- ALONSO ROMERO, F. (2007): “Análisis etnográfico y arqueológico de unha Diosa Madre en el petroglifo del Outeiro do Filladuiro en Mallou (Carnota, A Coruña): Coviñas y círculos”. Anuario Brigantino. Nº 30. pp. 26-56.
- VV.AA.: Fichas do Inventario de xacementos do concello de Carnota. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Xunta de Galicia.
- CONCELLO DE CARNOTA (2013): Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Documento previo á aprobación inicial. Tomo V.


Praza de San Gregorio, 19 15.293 Carnota - A Coruña (España). Tfno: 981 85 70 32. Fax 981 85 72 51.

Concello de Carnota
Deputación provincial da Coruña