Museo Aberto de Carnota
24 de noviembre de 2017
Museo Aberto de Carnota
Compartir:

A Laxe Escrita

Dirección:

Carnota, Santa Columba de Carnota - Carnota (A Coruña).

Tipoloxía: Petroglifo
Cronoloxía: Idade do Bronce (e outras sen concretar)
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Altitude: 140 m
Descrición do entorno: Herbáceo, Monte Baixo, eucaliptos
Accesibilidade: moi doada, ao carón mesmo da Senda.


Acceso:

Dende Rego Lamoso a distancia a percorrer ata a Laxe Escrita é de preto de 2 km. Partimos cara a nosa esquerda; percorridos uns 900 metros, collemos o camiño da esquerda. 1 km despois, e tras unha pronunciada curva á esquerda, atopamos a Laxe Escrita no marxe dereito da estrada. Se optamos por comenzar neste punto a nosa Ruta, accedemos á Senda Verde por detrás do Concello; accedemos ó Polideportivo Municipal e xusto ao seu carón, atopamos un dos monolitos de referencia ubicado nun dos accesos á Senda. Ascendemos pola pista uns 700 metros, cunha pendente moderada, e achamos a mesa interpretativa ao carón da laxa no marxe esquerdo da pista xusto antes dunha pronunciada curva.

A laxa ten unhas dimensións de 11 x 6 m de superficie case plana e situada ao mesmo nivel do terreo, nunha ubicación diferente as outras estacións xa que se trata dunha cota máis baixa, un lugar discreto e que a diferencia das anteriores apenas ten dominio sobre a paisaxe circundante.


Bibliografía:  CERNADAS SANDE, J; “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres Editores. Santa Comba (A Coruña) 2008. TOMO V - CATÁLOGO  PLAN GENERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL - CONCELLO DE CARNOTA  DOCUMENTO PREVIO A LA APROBACIÓN INICIAL EQUIPO REDACTOR: SCQ TAU territorio, arquitectura y urbanismo SLP ABRIL 2013. 


Praza de San Gregorio, 19 15.293 Carnota - A Coruña (España). Tfno: 981 85 70 32. Fax 981 85 72 51.

Concello de Carnota
Deputación provincial da Coruña